Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Freedom for Catalunya
Viaxes O Lóstregho volta á estrada. O venres 30 de marzo, se Deus quixer, desprazámonos dende a Gallaecia ata a Tarraconensis, para facer unha severa inspección dos "conventus provinciais" de Barcino e Tarraco.

Para os estudosos en estratexia viaxística, a nosa idea é aloxarnos en Martorell, a uns 20 quilómetros de Barcelona, na confluencia dos ríos Llobregat e Anoia, cidade industrial (alí esta á SEAT) e importante nudo de estradas que nos permite saír en todas direccións de xeito doado.

En 20 ou 30 minutos situámonos en Barcelona capital por varias vías de tren diferentes (Renfe e Generalitat). Ou sexa, que estaremos na gloria.

Ata o luns 9 de abril probablemente esta será a última comunicación.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
Comentarios (3) - Categoría: Xeral - Publicado o 29-03-2007 17:11
# Ligazón permanente a este artigo
Homenaxe a Pancho Pillado
Onte, venres 23 de marzo de 2007, celebrouse na Coruña unha homenaxe a Pancho Pillado, co gallo da súa xa moi cercana xubilación.

Máis ben, chegouse ó colofón do grupo de actos que se celebraron nos últimos días ou semanas relacionados con este tema. Había un acto no Rectorado da Universidade e despois unha cea nun coñecido hotel.

Tristemente non puiden asistir pero en calquera caso dámoslle as grazas pola súa gran dedicación ó país, dende o mundo do teatro e dende a editorial Laiovento.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (1) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 24-03-2007 15:26
# Ligazón permanente a este artigo
Xa entramos en Salamanca.
En Viaxes O Lóstregho, entramos xa na provincia de Salamanca, e estaremos unha boa tempada.

Lembrade que esta é a sección principal da páxina, aínda que non se ve moito ó entrar. Hai que ir á sección de "FotoBlogoteca" e alí escoller a única galería que hai (de momento), a do País Leonés 2001. Xa hai 40 fotos de León e 35 de Zamora.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
Comentarios (0) - Categoría: País Leonés - Verán 2001 - Publicado o 23-03-2007 21:27
# Ligazón permanente a este artigo
Príncipes e princesas (de Antonio Pernas)
Hai uns días estivo Antonio Pernas no colexio no que traballo para que uns alumnos lle realizaran unha entrevista para a nosa revista escolar.

Estivo 50 minutos contando cousas moi interesantes e amosouse como un tipo ben normal e sinxelo. Nada da sofisticación que moitos poderían pensar.

O que máis me chamou a atención foi unha das cousas que dixo cerca do final. Unha das rapazas, que é de 2º de Bacharelato, preguntoulle que lles recomendaba poñerse para a festa de graduación que van ter dentro duns meses. E a resposta veu sendo algo así como: "O de ir de príncipes e princesas nesas ceremonias xa está moi pasado. Vai como che apeteza. Se che sentan ben os vaqueiros, e estás cómoda, vai así".

Aposto os meus seis brazos a que NON LLE FARÁN PUÑETERO CASO.

Saúdos. Os Devotos de Santa Clara.
Comentarios (0) - Categoría: Os Devotos de Santa Clara - Publicado o 23-03-2007 21:14
# Ligazón permanente a este artigo
Lingua, nación e identidade
O xoves 22 de marzo, ás 20:30 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda terá lugar a presentación do libro “Lingua, nación e identidade” de D. Xosé Ramón Freixeiro, editado por Laiovento. Ademais do autor, estarán os profesores da Universidade da Coruña D. Manuel Ferreiro e D. Xosé Manuel Sánchez Rei.

Máis información en acab.fiestras.com

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (2) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 22-03-2007 18:02
# Ligazón permanente a este artigo
Ramón de la Sagra
Ramón de la SagraO xoves 15 de marzo de 2007, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, Xosé A. Fraga falará sobre a obra científica de Ramón de la Sagra.

Xosé A. Fraga é director do Instituto de Monelos, na Coruña, e é presidente da Asociación de Investigadores Ramón de la Sagra, entre moitas outras ocupacións.

É a primeira do Ciclo de Conferencias sobre Divulgación Científica que imos comezar na asociación, que ademais esperamos que se convirta no principio dunha fructífera colaboración entre as dúas entidades.

Espero que este acto sexa do voso interese, e contamos coa vosa presencia (real ou espiritual).

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 11-03-2007 11:38
# Ligazón permanente a este artigo
A derradeira lección do mestre

"A derradeira lección do mestre" é unha das estampas máis sobrecolledoras de Castelao. Daqueles álbumes que fixo en torno á guerra e á posguerra.

Esa estampa e ese título foi o escollido para un documental que acaba de realizar a Fundación Bautista Álvarez, onde se fala da represión aos mestres na posguerra.

Hoxe, xoves 1 de marzo, verémolo na Coruña nun acto organizado por CIG-Ensino e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, que terá lugar ás 20:30 horas na Aula de Cultura de Caixa Galicia (Médico Rodríguez, s/n).

Din que e polémico, tanto que nin sequera as Comisións pola Memoria Histórica están dacordo con el. A ver que nos conta.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 01-03-2007 18:00
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal