Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O maquinista
Onte, para descansar un pouco do altísimo ritmo de traballo e ocupación, decidín ver en Paramount Channel unha película estraña, cuxa descrición era moi ambigua, e seguramente por iso, me animei. A verdade é que non me soaba de nada o título.

Chámase "O maquinista", é de 2004, e se cadra o máis reseñable dende o punto de vista do estrelato do cine, é que o protagonista máximo e case único é Christian Bale. Aínda que, como podedes ver no trailer, non é nada fácil recoñecelo.

Nun par de esceas ao final (que explican a historia en moitos puntos) vese ao actor co seu aspecto habitual, pero en todo o resto da película está cun aspecto absolutamente escuálido, creo que o seu peso baixou dos 60 quilos, e nalgunhas esceas nas que se lle ve boa parte do corpo, a verdade é que dá auténtico medo. Hai que recoñecer que o esforzo que fixo para adaptarse ao papel foi descomunal, non sei como lle afectaría á saúde.

Vou intentar contar de que vai sen destripar a historia, que máis ou menos se entende ao final, aínda que hai bastantes puntos que fican algo escuros.

Un maquinista (ou sexa, que manexa máquinas nunha fábrica) leva un ano sen durmir, iso cada vez lle afecta máis a nivel físico e comeza a ter problemas no traballo (por un despiste seu, un compañeiro perde un brazo) e na súa vida, case non ten amigos e ten relación con algunhas persoas de comportamento bastante estraño. Non vou dicir que sucedeu, pero ao final compréndese, máis ou menos, como se chegou a esa situación.

Dende logo, unha película alegre non é, se alguén está de baixón, mellor que vexa unha comedia, porque esta historia resulta bastante amarga e deprimente.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2015 20:43
# Ligazón permanente a este artigo
O nome da rosa
Hai xa unhas cantas décadas, un intelectual italiano moi eminente chamado Umberto Eco escribiu unha novela titulada "O nome da rosa".

A mediados dos 80, o director francés Jean Jacques Annaud (que daquela apuntaba unhas maneiras espectaculares) rodou unha película baseada nesa novela, protagonizada por Sean Connery e Christian Slater.

Dese xeito, esta novela fíxose mundialmente coñecida e admirada. Eu lina durante este Entroido, mentres pasaba uns días de descanso en Compostela.

Non lembraba case nada dela, só algo da trama criminal que se producía no mosteiro, nalgún sitio do norte de Italia sen identificar. Revivina estes días con moito agrado.

Non lembraba que outra das partes importantes da novela trataba sobre un cisma na Igrexa Católica e as disputas entre o Papa de Roma (daquela en Avignon) e o emperador bávaro.

Unhas partes resultaban máis amenas e fluídas que outras, pero en xeral a historia está moi ben. Ademais ler unha novela ambientada no Medievo nunha cidade cun pasado medieval tan glorioso senta moi ben.

Saúdos.




Comentarios (0) - Categoría: Extremadura - Semana Santa 2002 - Publicado o 26-02-2015 20:33
# Ligazón permanente a este artigo
Un novo Entroido en Compostela
Un ano máis, e xa é o segundo, decidín pasar os días de descanso do Entroido en Compostela. Está cerca, non me resulta caro, teño alí bos amigos, pero non me coñece case ninguén pola rúa. Así que desconecto moito, non estou atado a case ningún horario, e váleme moito para desconectar.

Ademais de pasear, descansar, e ver aos colegas, aproveitei para ler (ver seguinte artigo do blog, ou anterior, segundo se mire) e visitei algunhas cousas onde nunca estivera, ou que levaba moito tempo sen visitar, como o mosteiro de San Martiño Pinario, a Fundación Granell ou o Museo de Historia Natural Luís Iglesias.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2015 20:25
# Ligazón permanente a este artigo
A Divina Comedia en galego
Hai unhas semanas fun á presentación dun libro interesante. Ou case poderíamos dicir re-edición.

En Portas Ártabras, na sede da Asociación de Amigos dos Museos, da Coruña, presentábase a nova versión da tradución ao galego da "Divina Comedia" de Dante Alighieri, de novo a cargo de Darío Xohán Cabana.

Alí estaban o tradutor, Anxo Angueira (presidente da Fundación Rosalía de Castro), Xulio López Valcárcel e Xosé Luís Axeitos.

Polo visto, el mesmo fixo a primeira tradución, hai 20 anos, pero a obra era importante, e non quedou moi contento coa súa primeira versión do traballo.

Aparte do feito de que se discutía sobre a palabra exacta para traducir outra do italiano medieval, chamoume a atención unha cousa que dixo Darío. Sendo moi modesto sobre a súa calidade como poeta, presumiu de que el era moi bo na métrica da poesía, e iso é imprescindible para traducir poesía clásica como esta.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 26-02-2015 20:21
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal