Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Eça de Queiroz
Hai unhas semanas volvín, despois de bastante tempo, á Fundación Wenceslao Fernández Flórez para compartir unha tertulia sobre o escritor portugués Eça de Queiroz.

Téñolle certo aprecio porque unha selección dos seus contos foi a primeira obra literaria que lin directamente en portugués.

Falouse alí da súa vida como cónsul en diferentes lugares do mundo, e tamén se falou de como era de irónico e duro cando foi comentarista político.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
Sinbad

Tamén no CGAI, ao que agora vou moito, botaron unha película galega do ano 2011, da que tiña ouvido falar, que intentara ver no cine comercial, pero que resultou imposible.

O obxectivo era ambicioso. Pasar a imaxes a obra "Se o vello Sinbad volvese ás illas" de Cunqueiro, aínda que fose unha adaptación moi libre como esta, non era nada doado. Algunhas cousas están ben, pero en xeral o ritmo e o acabado da película son bastante mediocres. Preténdese en varios momentos facer algúns efectos visuais que quedan bastante cutres. Pero non sei nin sequera se cos mellores e maiores medios sería posible pasar a imaxes a imaxinación de Cunqueiro. Se cadra si.

Saúdos.

Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 23:43
# Ligazón permanente a este artigo
Consentimento, de Leilía
Hai unhas semanas Leilía presentou na Coruña o seu último disco "Consentimento".

Como sempre, este grupo é unha aposta segura. As súas fenomenais voces acompañadas dun grupo de tres músicos que as secunda de marabilla son garantía de calidade.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 23:36
# Ligazón permanente a este artigo
Isto é galego

A comezos de febreiro tivo lugar a presentación oficial en varios lugares do proxecto "Isto é galego" da emisora CUAC FM.

Consiste nun audio-curso de galego con capítulos e seccións variadas nas que se pretende ensinar algúns conceptos do idioma galego dun xeito moi divertido e ameno, pero non sistemático.

Se queredes escoitalo, podedes ir á web da emisora, que está aí abaixo nun enlace.

Saúdos.
CUAC FM
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 23:32
# Ligazón permanente a este artigo
La Strada
E a outra película do ciclo de Fellini do CGAI que puiden ver -había moitas máis, pero tristemente non puiden ir ás outras- foi "La Strada".

Esta é unha película tremendamente triste e amarga. Pero xa nos primeiros minutos vese que vai ser un dramón terrible.

Unha moza xoven, e eu penso que non moi espabilada que digamos, é "entregada" en algo así como casamento a un artista de circo chamado Zampanó, bastante animal en todos os aspectos. Os papeis están moi ben representados por Giulietta Massina e Anthony Quinn. As peripecias polas que pasan son tremendas. Estades avisados, é bastante cruda e amarga.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 23:24
# Ligazón permanente a este artigo
I vitelloni
Hai xa algún tempo -atraseime un pouco nesta nova actualización- fun ao CGAI na Coruña a ver varias películas dun fantástico ciclo de Fellini.

E comecei cunha película mítica da que ouvín falar moito hai uns anos -por razóns que non vou comentar aquí- titulada "I vitelloni", en galego "Os inútiles".

Trata dun grupo de catro ou cinco amigos que viven nunha cidade de provincias italiana a mediados do século XX, que son uns auténticos vividores, que non a rascan, e que resultan uns auténticos parásitos sociais, aínda que non se lles pode negar un certo encanto. Agás un deles, que ao final da película marcha a unha gran cidade para intentar mellorar (a saber o que podía significar para el iso), o resto non fai nada por cambiar de vida nin adoptar novas responsabilidades.

Déixovos un pequeno fragmento en video.

Saúdos.



Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 25-02-2012 23:18
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0