Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Exposición de fotografías de Carlos Valcárcel Gay
Hai uns días inauguramos na A.C. Alexandre Bóveda unha exposición do fotógrafo lucense Carlos Valcárcel Gay.

Polo visto, é un dos fotógrafos máis importantes da historia de Galicia, pero tristemente non é moi recoñecido. Xa ten 82 anos e aparece nalgúns dos catálogos máis importantes do mundo.

As fotos que colgou na nosa asociación pertencen principalmente ao tipo costumista que facía nos anos 60, aínda que ten de moitas temáticas diferentes. A min lembroume bastante a Virxilio Vieitez, a quen tiven a sorte de coñecer en persoa nos últimos anos da súa vida, aínda que ninguén diría que aquel señoriño fora un dos fotógrafos máis importantes de Galicia.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 20-02-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
Conversatorio con Quico Cadaval
E nesa xeira de actividades de Mofa e Befa, e Quico Cadaval, na tenda de roupa "Meriendacena", dun bo amigo meu, tivo lugar o primeiro Conversatorio de Quico Cadaval na Coruña. Xa o fixera antes en Compostela e Ferrol.

Consistía en pagar un euro, tiñas dereito a falar con el durante nove minutos (dez contando a entrada e saída), os cartos recadados ían a unha ONG (tampouco se recada tanto, claro) e el comprometíase a non revelar o contido da conversa. Facíase no escaparate da tenda.

Estivo dende as 5 da tarde ata as 11 da noite, seis horas seguidas. Obviamente, non vos direi de que falei con el.

Déixovos un vídeo do Festival dos Abrazos en Santiago onde tamén se fixo esta experiencia.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2011 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
O peor de Mofa e Befa
Hai uns días tivemos a sorte de gozar na Coruña con varias e variadas actuacións de Mofa e Befa e Quico Cadaval. Unha delas, que non sei se se repetirá moitas veces, foi unha gala titulada "O peor de Mofa e Befa", onde Quico Cadaval ía dándolle paso a algúns dos números máis míticos deste dúo de humoristas galegos, formado por Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira.

Acabo de atopar este vídeo en Youtube onde se ve unha actuación no programa da TVG Air Galicia, que lembra bastante a algúns dos números que vimos aquela noite no Teatro Rosalía de Castro.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 20-02-2011 16:37
# Ligazón permanente a este artigo
Shakespeare para ignorantes
Hoxe asistín a unha obra que xa se me escapara entre os dedos hai algún tempo, ou sexa, que intentei ir vela pero as entradas esgotáranse.

Trátase da obra "Shakespeare para ignorantes" de Mofa e Befa, cos dous actores do grupo, Evaristo Calvo e Víctor Mosqueira, acompañados do magnífico Quico Cadaval.

E como era previsible o resultado foi espectacular, esa combinación de tres magníficos actores cómicos nunca pode defraudar. Aínda que Víctor e Evaristo son marabillosos, a verdade é que a oratoria de Quico é algo excepcional, deslumbrante.

Se tedes posibilidade, non o perdades. Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 07-02-2011 00:42
# Ligazón permanente a este artigo
Festival benéfico de cómicos galegos para Intermón Oxfam
O outro día houbo un festival benéfico de cómicos galegos (mellor dito monologuistas, e eses de cómicos moito non teñen, aínda que eles pensen que si) para recaudar cartos que Intermón Oxfam invertirá en Tanzania.

Houbo sete ou oito, pero na miña opinión só houbo dous ou tres que fixeron un papel digno: Isabel Risco, Gari e Oswaldo Digón. Déixovos unhas pequenas intervencións que tiveron os dous primeiros no famoso documental sobre o koruño que se fixo hai pouco.


Vídeo de Isabel Risco sobre o Koruño.




Vídeo de Gari sobre o Koruño.




Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 07-02-2011 00:34
# Ligazón permanente a este artigo
125 aniversario do nacemento de Castelao, con GalizaCultura

O outro día celebrouse o primeiro acto público na Coruña da nova Federación de Asociación Culturais da Galiza, chamada GalizaCultura.

Consistíu na colocación dunha faixa na fachada do Kiosco Alfonso e na lectura de textos de Castelao, xa que acababan de cumprirse 125 anos do seu nacemento.

Seguro que será o principio dunha longa xeira de actos e dinamismo cultural no país.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 07-02-2011 00:17
# Ligazón permanente a este artigo
Faladoiro e farra sobre a canción popular coruñesa
Noutra semana de frenética actividades, retomamos de novo o noso Faladoiro e Farra. Pero cambiamos de lugar, agora serán no local da A. VV. da Agra, onde todos os venres temos o obradoiro de canto magníficamente dirixido por Ricardo Seixo. Pois o primeiro de cada mes, teremos tamén unha tertulia sobre algún tema e uns pinchos.

Inauguramos esta nova xeira cunha charla de Xurxo Souto precisamente sobre a canción popular coruñesa, moi estendida e con moita tradición.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 07-02-2011 00:10
# Ligazón permanente a este artigo
Presentación de "Señardade da luz"
O outro día a A. C. Alexandre Bóveda presentou un libro que foi editado por nós mesmos. Agardamos que sexa o comezo dunha nova xeira na que sexamos capaces de editar algunhas obras, principalmente de ensaio, que poidan achegar algo á cultura do país.

O libro titúlase "Señardade da luz" e é obra do noso amigo e directivo Miguel Mato, profesor, escritor e crítica. É un estudo crítico da obra de Manuel María.

Déixovos cunha foto da portada (un gravado de Felipe Criado) onde se apreza o lombo co noso logotipo e o deseño que vai identificar a toda a nosa colección.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 07-02-2011 00:04
# Ligazón permanente a este artigo
Inauguración do estudio de gravación Alexandre Bóveda en CUAC FM

O sábado 29 de xaneiro de 2011 inaugurouse na emisora de radio comunitaria CUAC FM, onde temos un programa semanal de radio chamado "Recendo", un estudio de gravación chamado Alexandre Bóveda.

Foi un emotivo acto de inauguración, onde estiveron varias concelleiras, e moita xente da nosa entidade e da emisora. Unha xornada festiva por moitos motivos, sobre todo por pensar a gran funcionalidade e posibilidades que se abren con este novo estudio.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-02-2011 23:59
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal