Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Congreso sobre a Guerrilla Antifranquista
Hai varias semanas celebrouse no Paraninfo da UDC un moi interesante Congreso sobre a Guerrilla Antifranquista, organizado pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica d'A Coruña.

Só puiden asistir ás últimas sesións no marabilloso local da universidade. Entre elas, o concerto final a cargo da Quenlla.

E, a continuación, cea no Hotel Finisterre. Un deses raros privilexios dos que habitualmente non se goza.

Algúns dos asistentes ao Congreso estaban aloxados alí (e non destacan por ser de dereitas) e parece que coincidían no almorzo con Fraga, que tamén estaba no mesmo hotel. Casualidades da vida.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-02-2009 22:20
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal