Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Culturgal 2015

Como todos os anos, na primeira fin de semana de decembro, o Pazo da Cultura de Pontevedra énchese para acoller o Culturgal, a Feira da Cultura Galega.

Achegámonos por alí un ano máis. Este ano ía acompañado dunha persoa que levaba moitos anos intentando ir, sobre todo polo que eu lle transmitía, e que saíu encantada do espectáculo. Xa mercou todos os agasallos de Nadal, e seguramente máis que non agardaba.

Aparte diso, como habitualmente, tomamos contacto cos novos proxectos culturais que están nacendo polo país, e constatamos que a cultura galega non está en estado terminal, a pesar do que moitos repiten sen parar.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 22-12-2015 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal