Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Unha hora na vida de Stefan Zweig
O outro día fomos ver "Unha hora na vida de Stefan Zweig", obra da compañía Lagarta Lagarta, protagonizada por Ernesto Chao, Belén Constenla e César Cambeiro.

Trata sobre un determinado feito na última tarde da vida de Stefan Zweig e a súa compañeira, na que xa tiñan decidido suicidarse inxerindo unhas cápsulas con veleno. Reciben a estraña visita dunha persoa á que non coñecen, e que lles sobresalta cunha estraña petición e obsesión, que ten que ver cunha lámina do estraño e fascinante poeta inglés William Blake.

Non está mal, aínda que nalgún momento faise un pouquiño pesada. Pero en xeral, como transcorre "en tempo real", vai a un bo ritmo, e o tempo pasa axiña con fluídez.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2011 16:57
# Ligazón permanente a este artigo
Culturgal 2011
Esta fin de semana celebrouse no Pazo de Cultura de Pontevedra unha nova edición do Culturgal, a Feira da Cultura Galega.

O director da feira foi Serxio Lago e o presidente da A. C. Culturgal é Xulio Amigo, os dous na foto.

Hai que seguir apoiando con este tipo de eventos a culturas como a galega, moi dignas pero atacadas e desprezadas por algunhas institucións e persoas no seu propio país.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2011 16:53
# Ligazón permanente a este artigo
O xogo das cadeiras e a invisibilidade das mulleres
Hai uns días tivemos na A.C. Alexandre Bóveda, co gallo do 25 de novembro, unha mesa redonda titulada "O xogo das cadeiras e a invisibilidade das mulleres".

O título ten que ver coa polémica creada hai algún tempo co feito de que na Real Academia Galega apenas hai mulleres, que tiñan que cubrirse este ano varias vacantes, e de que todas foron cubertas por homes. E a raíz diso, falar da situación da muller na sociedade actual.

A mesa redonda foi moderada por Mercedes Queixas, e tamén participaron María Pilar García Negro e Ana Rúa, sendo todas elas presentadas por Victoria Louro.

Saúdos. Os Mártires da Caeira.
Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-12-2011 16:50
# Ligazón permanente a este artigo
O pulso da terra
A semana pasada o fantástico grupo Berrogüetto presentou un libro+CD+DVD titulado "O pulso da terra".

O libro, que é a biografía dos primeiros 15 anos do grupo, foi escrito por Fernando Neira. O CD é un concerto en directo no Auditorio de Galicia, e o DVD é o vídeo dese mesmo concerto.

Este fenomenal grupo, que fará (leva 15 anos facendo) historia na música galega, deixando atrás a grupos míticos como Milladoiro e Luar na Lubre, non deixará nunca de dar alegrías.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-12-2011 16:41
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal