Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Fuco Xabier na Orde Terceira
Onte comezou o ciclo de "Concertos de Outono" que todos os anos organizamos dende a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na igrexa da Orde Terceira, na cidade vella da Coruña.

O primeiro concerto estivo a cargo de Fuco Xabier, dúo formado polo propio Fuco Xabier, á voz e guitarra, e o pianista Jorge Felpeto.

Non soou nada mal, sobre todo a privilexiada voz de Fuco. Penso que foi a segunda vez que levamos cantautores, a primeira fora con Xoán Curiel e Carme Dor, hai xa 4 ou 5 anos.

Déixovos un video que atopei na rede.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Os Mártires da Caeira - Publicado o 06-11-2010 16:51
# Ligazón permanente a este artigo
Palabras encadeadas, de Talía Teatro
O outro día volvín ao teatro, unha das artes para min máis queridas. E levei unha gratísima sorpresa cunha proposta dunha compañía galega cada vez máis importante, da que ouvira falar pero aínda non vira ningunha obra.

A obra era "Palabras encadeadas" do autor Jordi Galcerán e interpretada por Talía Teatro, a compañía de Cee. O director era Artur Trillo, e os dous únicos actores eran Tono Casais e María Ordóñez.

A trama vai, supostamente, dun psicópata que ten secuestrada á que vai ser a súa última víctima nun garaxe ou soto. Pero digo "supostamente" porque nada é o que parece e a historia dá moitos xiros que nos fan dubidar constantemente de cal é a realidade e que papel desempeña cada personaxe.

De ter a posibilidade, eu iría vela, a hora e media que dura pasa voando grazas ao ritmo da historia.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2010 14:23
# Ligazón permanente a este artigo
Susana Seivane e Rodrigo Romaní
O outro día fun á Fundación Wenceslao Fernández Flórez, con sede en Villa Florentina (Cecebre - Cambre) a un acto singular.

Nesta ocasión había un pequeno concerto de Susana Seivane (con casa familiar en Pravio, no mesmo concello de Cambre) e Rodrigo Romaní, o noiés fundador de Milladoiro.

Como era previsible con estes dous excepcionais músicos, o espectáculo foi sublime. Déixovos cun video con cancións do primeiro disco de Susana, que foi producido por Rodrigo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 04-11-2010 14:16
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal