Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

"Los locos de Valencia" de Teatro Corsario
Achegueime a Carballo para ver a función que pechaba o seu Festival Internacional de Teatro de Outono deste ano. Case todos os anos paso algún día por este festival.

E había unha boa razón para facelo: viña Teatro Corsario, o excepcional grupo de teatro vallisoletano que se dedica ao teatro clásico español.

Representaban "Los locos de Valencia", unha obra de Lope de Vega que non é das máis coñecidas. Pero como Lope fixo unhas 1.500 tampouco é tan raro que non nos soe, digo eu.

Non é a mellor que lles teño visto, nin moito menos, pero a pesar de todo o rato que pasamos foi marabilloso. Que sorte que hai compañías que aseguran a diversión e a calidade!!!!

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2007 00:11
# Ligazón permanente a este artigo
Matrix
Por unha desas casualidades que ten o destino, volvín ver a película "Matrix".

Curiosa. A primeira ten un pase. Vin tamén a segunda, pero xa é bastante máis intragable. A trama que conta é interesante e retorcida. Os efectos visuais moi interesantes e o deseño moi vangardista.

Hai algunhas cousas que non me gustan, como a súa violencia bastante gratuíta, propia destes tempos, e algún abuso da coreografía e outras herbas que non che me interesan demasiado.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 06-11-2007 00:07
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal