Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

IV Feira da Cervexa Artesá

Xa o mes pasado foi a IV Feira da Cervexa Artesá da Coruña, que todos os anos se celebra na Praza da Fariña (agás un ano que foi en Méndez Núñez).

Estivemos por alí, como habitualmente, probando algunhas das marcas. Este ano, xa non lembro por que, decantámonos por marcas galegas (tampouco é algo tan raro), e gustounos especialmente a Artabria, que creo que é de Ferrol ou por aí (non é publicidade, é o que hai).

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2017 18:25
# Ligazón permanente a este artigo
Os nomes do terror
Levo anos vinculado ao tema da Memoria Histórica, pola miña relación coa Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

É un tema que me interesa, coido que é grave e importante, pero non se pode negar que, en ocasións, pode semellar tedioso e monótono ao falar de moitos casos similares, baseados nos centos ou milleiros de vítimas dos terribles feitos derivados da Guerra Civil española.

Pero hai que recoñecer que a iniciativa que tivo Sermos Galiza de editar e publicar un libro que lle dera a volta á tortilla e que falara dos torturadores e executores foi máis orixinal e está sendo moi recibida pola sociedade galega. Esgotaron axiña a primeira edición entre os suscritores do semanario, e sacaron unha segunda edición que ten boa pinta de esgotarse de novo, porque todas as presentacións están sendo multitudinarias.

O libro titúlase "Os nomes do terror. Galiza 1936: os verdugos que nunca existiron", está escrito por moitas mans, pero constan como coordinadores catro insignes historiadores galegos: Xosé Ramón Ermida Meilán, Eliseo Fernández Fernández, Xoán Carlos Garrido Couceiro e Dionísio Pereira González.

Foi presentado no Festigal a finais de xullo, e leva case 3 meses de presentación por todo o país, cun abarrote tras outro. Non vos resultará complicado de atopar, espero.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 13-10-2017 18:19
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal