Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novo micro-teatro en La Tuerka 27
Unha vez máis, fomos ver as catro obras de micro-teatro á Tuerka 27. Ademais, como hai pouco colaboramos no seu "crowdfunding" para poñer en marcha a súa obra de teatro "O Xardín das pernas roubadas", recibimos uns agasallos que foron a entrada gratuíta a estas catro obras e unha bonita camiseta da obra que luciremos nos vindeiros tempos. As obras desta quenda foron:

- Estación Victoria: En galego, Rubén Espejo e Simón Iglesias representan unha estraña obra na que un deles fai de persoa que coordina unha central de taxis, e o outro conduce un deles, e o primeiro pídelle ao segundo que vaia facer un determinado servizo. O final desconcerta bastante.

- O canto do cisne: En castelán, Carlos Villarino fai unha magnífica adaptación dun texto de Chéjov. Trata dun vello actor que queda pechado no teatro no que acaba de actuar, e nun camerino escuro cun espello iluminado cunha vela, fai un repaso da súa vida e da súa profesión teatral. Eu, que non soporto a Chéjov, disfrutei moito desta pequena obra, a luz da vela, a ambientación, a interpretación de Carlos, a quen felicitamos ao final.

- Japuta: En castelán, Lucía Veiga e María Verdía representan unha divertidísima obra na que unha estraña muller, que non traballou nunca e ten xa unha certa idade, vai a unha oficina de empleo a conseguir un traballo. Unha crítica social despiadada dalgo que sucede neste país do que non podo mencionar máis, para non destripar a obra.

- De cando en vez: Unha parella que está na cama sofre unha crise porque o home está obsesionado con ver unha serie de televisión (Os Soprano) e a muller non se sente valorada por el. En castelán, por Patricia Guez e Luís Vivanco.

Saúdos.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 12-10-2013 10:13
# Ligazón permanente a este artigo
Stop! Rodando o cambio
E volvín poucos días despois á "Casa Tomada" para ver outro documental, titulado "Stop! Rodando o cambio".

Trata do movemento que se está dando neste país nos últimos anos promovendo un cambio no estilo de vida (e tamén sae algo de Francia). Fálase de decrecemento, ecoaldeas, permacultura, asamblearismo, etc. Moi moi interesante.

Déixovos o enlace ao vídeo completo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2013 14:02
# Ligazón permanente a este artigo
Apash: os de fóra
Fun o outro día por primeira vez ao interesantímo lugar chamado "A Casa Tomada", un galpón da estación de trens da Coruña que se lle solicitou a Renfe e/ou Adif, para facer actividades culturais.

Un grupo de 10 "tol@s" fíxose co control, fixeron reforma e están propoñendo unha actividade cultural alternativa e moi rica. Hai que apoialos, claro.

E debutei indo ver o documental "Apash: os de fóra" da cineasta Cora Peña. Seguíu hai varios anos a unha especie de aventureiro galego chamado Antonio Abreu, que ten moi boas relacións co pobo awajun (tamén coñecidos como xíbaros), no norte do Perú. Antonio está buscando alí aos descendentes dun emigrante galego que chegou alí a comezos do século XX, e en troques de ser comido, asasinado e guisado, conxeniou e quedou a vivir con eles.

De paso, tamén se denunciou na fita que aquela zona quere ser explotada por empresas mineiras (seguramente canadianas, porque case todas as grandes empresas mineiras do mundo teñen a súa sede en Canadá, por que será?).

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2013 13:59
# Ligazón permanente a este artigo
As catro estacións
O outro día fomos de novo ao Teatro Colón da Coruña para ver á Classical Concert Chamber Orqchestra, dos Estados Unidos, e liderada polo violinista de orixe armenia Ashot Tigranyan.

Tocaban na primeira parte dúas pezas de Johann Sebastian Bach, o meu músico clásico preferido, entre elas o Concerto de Brandenburgo número 3. E na segunda parte tocaban "As catro estacións" de Antonio Vivaldi.

Obviamente fixérono moi ben, pero chamoume a atención que aceptaban e incluso fomentaban que se aplaudira entre cada movemento, e non ao final das pezas completas, que é o habitual (polo menos en Europa). Será que ao ser americanos, vailles moito máis o espectáculo.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2013 13:54
# Ligazón permanente a este artigo
Acto en lembranza de Manuel María
Un ano máis, en setembro, celebramos un acto en memoria de Manuel María, esta vez no Teatro Colón da Coruña. Ademais, acaba de inaugurarse en Outeiro de Rei a sede da súa fundación, na Casa de Hortas, a súa casa natal. Intentaremos ir por alí en canto poidamos.

En canto ao acto en sí houbo un documental sobre a inauguración da casa, como sempre a cargo da competente xente de Píxel Films.

Actuaron Pilocha e María Manuela e a nota máis colorida foi a do mago Martín Camiña, que fixo tres trucos: o primeiro con cartas, o segundo collendo trozos de papeis e compoñendo unha portada grande coa foto de Manuel María, reclamando que a súa figura saíra máis nos medios, e o terceiro (que deixou encantada á parroquia) cando nunha bolsiña xuntou un pano grande branco, un máis pequeno azul e unha pequena estrela vermella, e sacou unha estreleira (bandeira nacionalista galega, para as persoas que non coñeceran o nome). Foi o delirio.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 01-10-2013 13:50
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0