Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Parecido no es lo mismo, de Faemino e Cansado
Onte fomos ver o espectáculo de Carlos Faemino e Javier Cansado, que pasaban pola Coruña.

Eu nunca tivera a sorte de velos nunca en directo, así que tiña que aproveitar a ocasión.

Como era previsible, non decepcionaron, aínda que tampouco podería contarvos moito das historias que contaron, porque as súas historias son tan surrealistas, e o seu humor tan absurdo, que resulta moi difícil atopar un fío condutor despois de velos.

Como era previsible, Faemino fixo algún número de mimo e remataron cos seus famosos personaxes Arroyito e Pozuelón.

Déixovos cun video deles.

Saúdos.


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 08-10-2010 20:56
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal