Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
San Benito de Alcántara |
|

E chegamos a Alcántara, localidade famosa por estar alí ubicada unha das máis marabillosas pontes romanas que existen.
Hai que ter en conta que este día do que estamos falando estabamos durmindo en Torremejía (Mérida) e fomos dar unha volta polo curruncho suroeste da provincia de Cáceres, que aínda estaba por explorar.
E chegamos a esta vila. A ponte está abaixo, a carón do río Tajo e o encoro, pero arriba aínda hai algún edificio ben interesante, como este Convento de San Benito.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|