Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Nosa Señora do Trampal |
|

Esta é unha das cinco igrexas visigóticas que quedan en España. Está cerca da Serra de Montánchez, e chámase Santa Lucía do Trampal ou a Nosa Señora do Trampal.
Debeu ser unha das últimas en ser restauradas desta época. Dígoo porque cando estabamos nunha das outras cinco, o seu guía-coidador sorprendeuse cando lle dixemos que visitáramos esta, non contaba el con que xa estivera visible. Non estaba aberta cando chegamos nós alí, pero non daba a impresión de estar derruída nin nada parecido. O exterior estaba impecable.
Lembremos que as outras catro son: Santa Comba de Bande (Ourense), Quintanilla de las Viñas (Burgos), San Pedro de la Nave (Zamora) e San Xoán de Baños (Palencia).
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|