Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O encoro de Cornalvo |
|

Na foto vese o encoro de Cornalvo, un dos dous que abastecen á cidade de Mérida sobre os que recae a sospeita de seren romanos.
Hai teorías que di que son altomedievais e outras que levan a súa época de construcción ata o apoxeo romano de Emérita Augusta.
Este está no Parque Natural do mesmo nome e o outro é o encoro de Proserpina. Deste de Cornalvo chamounos a atención o muro de pedra en grada, que denota a súa antigüidade.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|