Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Alcazaba de Mérida |
|

A Alcazaba de Mérida é tremendamente decepcionante. Vistas dende fóra as murallas, e a posición, pensas que dentro haberá marabillas da época árabe e outras.
Pois nesta non. Está case todo destruído e quedan restos de moitas culturas e civilizacións que se asentaron alí, pero case todos en penoso estado ou non moi valiosos.
E a de Badajoz está moitísimo peor, que xa é dicir.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|