Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
As Pontes de Mérida |
|

Nesta fotografía sacada dende a Alcazaba de Mérida vemos as dúas pontes sobre o río Guadiana.
En primeiro plano, a impresionante ponte romana, de 800 metros de longo e uns 6 metros de ancho. Non está nada mal para a enxeñería da época. Dá a entender o importante que era a cidade.
Detrás, a nova Ponte Lusitania que xa amosaramos de noite.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|