Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Novas arquitecturas en León capital
Novas arquitecturas en León capital

Se vos situades na amplia praza que hai diante de San Marcos e xirades cara á dereita, vedes isto.

Hai novos edificios de trazas moi modernas que corresponden a equipamentos públicos de diferentes tipos: algún deses debe ser a Delegación do Goberno ou da Junta de Castela-León, outro é o Museo de Arte Contemporáneo (creo que o das "fiestras" de diferente tamaño, pégalle bastante).

Con esta foto abandonamos a histórica capital leonesa. En definitiva, unha cidade moi apetecible, por exemplo, para pasar unha fin de semana.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

2 Comentario(s)
1 no teneis ni idea... en la foto de cain, poniais q era el pueblo castellano mas al norte de picos, y ahora junta de castela-leon. haber cuando os entrais los españoles de mierda q león no es castilla y sino leer el nombr de la cmunidad
Comentario por cunxe (03-03-2007 03:13)
2 A ver, tranquilicémonos un pouco. Vaiamos por partes:
1º O seu comentario, creo, tería máis sentido poñelo na mesma foto de Caín, non nesta.
2º Antes de "vila castelá" puxemos "aldea leonesa", pero polo visto vostede non se fixou.
3º Parece un pouco estraño que alguén que escribe en español acuse de "españolismo" a alguén que escribe en galego. Esto debe ser o mundo ó revés.
4º E, por último, sobre a reclamación de soberanía que vostede di, non entendo moito do tema, pero se os leoneses non queren formar parte de Castela eu seguramente estaría do seu lado.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
Comentario por Ignatius J. Reilly (07-03-2007 21:51)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0