Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A Praza Maior de Cáceres |
|

Chegamos á marabillosa cidade de Cáceres. Máis ben, marabillosa é a súa zona antiga, coñecida como o "Barrio Viejo", que é Patrimonio da Humanidade. Lembrade, en Extremadura están Cáceres, Mérida e Guadalupe.
Íamos de camiño da zona sur. Esa mesma noite montamos o campo base para visitar o sur de Cáceres e a provincia de Badajoz na pequena vila de Torremejía, a uns quilómetros de Mérida, que ou estaba repleta ou só había sitio en hoteis carísimos.
Aquí vemos a entrada á zona vella, a Praza Maior. Ao fondo está o Concello e o Foro dos Balbos (que non sei se esa torre "de adobe" ou a praza que está entre os dous edificios).
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|