Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Coria, de noite
Coria, de noite

Despois de pasar a tarde nos vales galegofalantes do noroeste de Extremadura, chegamos pola noite á "capital" daquela zona, Coria (non confundir con Coria del Río, en Sevilla).

Esta é a Catedral. Do outro lado hai un certo desnivel e por alí pasa o río Alagón, e está o famoso "puente sin río" do que falabamos o outro día, que "supostamente" quedou así porque o terremoto de Lisboa de 1755 lle moveu o río de sitio (eu non me fiaría demasiado).

Creo que alí coincidimos con algunha procesión nocturna de Semana Santa.

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal