Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Falando galego na Serra de Gata extremeña
Falando galego na Serra de Gata extremeña

Esta é a praza maior dunha vila do noroeste de Cáceres chamada San Martín de Trevejo. Como vedes, moi típica e pintoresca.

Non tería nada de particular se non fora porque é unha das tres desa zona, na aba extremeña da Serra de Gata (a sur, porque a norte dá a Salamanca, por alí anda Ciudad Rodrigo) nas que se fala galego, ou polo menos algo que se lle parece bastante.

Son tres as vilas. Agora direi os nomes en "galego" (e entre parénteses en castelán): San Martín de Trevellu (Trevejo), Valverde do Fresnu (Fresno) e Ellas (Eljas). Na primeira, cerca da praza que vedes, vive o que dirixe a asociación que reivindica o estudio e conservación desa reliquia lingüística, Domingo Frades Gaspar, e que nos acolleu na súa casa. Fálanse tres dialectos diferentes, un en cada vila (nótase que son galegos, je, je) que se chaman, respectivamente: mañegu, valverdeiro e lagarteiro.

Suponse que hai uns oito séculos, nesa "discutida" reconquista, aquí se trouxo xente da zona de León e de Asturias (que daquela falaba galego) e que se conservou a súa fala. Escrito lembra algo ao asturiano, pero fálase con eles e parece galego moi doado de entender.

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal