Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A ponte que non une dúas ribeiras |
|

Esta curiosa estampa dase nun lugar do norte de Cáceres indo de Granadilla cara ás Hurdes ou ás Batuecas.
Se non lembro mal está no río Alagón. O que está encorado no Gabriel y Galán. O máis importante afluente do Teixo pola dereita que hai en Extremadura, xunto co Tiétar. (Nota: o Tiétar e o Teixo xúntanse no Parque Natural de Monfragüe, iso verédelo dentro dun par de meses).
A que se debe que estea nesta estraña posición? Se a memoria non me engana, era algo así como que fora destruído e non quedou case nada en pé. Entón decidiron reconstruír unha pequena parte e poñelo "de cara ao público" para que se vira mellor".
E agora que o penso pode que a causa da súa destrución fora o famoso terremoto de Lisboa do ano 1755. Dígoo porque nesta zona hai máis secuelas diso. Por exemplo, en Coria, cerca de aquí, hai unha ponte baixo a cal non pasa o río. O río vai uns 20 ou 30 metros a un lado. Din que foi o terremoto quen causou iso. Pero semella improbable. Probablemente cambiaron o cauce para facer a ponte e despois resultoulles imposible ou incómodo volver poñelo no seu sitio.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|