Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Onde descansan os Reis de Galiza |
|

Esto que medio-vedes hoxe é San Isidoro, tamén en León, claro.
Igrexa, mosteiro e seguro que algunha cousa máis onde está o Panteón dos Reis de Galiza. Agria controversia a dos Reis de Galiza, Asturias, León e todo iso. Que pouquiña visión histórica a dalgúns. As escasas neuronas só permiten ver unha realidade, cando hai múltiples e variadas. De visita obrigada a xente con inquietudes históricas e culturais.
Outro terremoto (neste caso lateral) provocou un estraño desprazamento horizontal. Como vedes, León é terra sísmica por antonomasia.
Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|