Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Aínda estaban todas as gárgolas |
|

O que vedes aquí é a Catedral de León. Mirade ben, aínda que non é gran cousa debe ser unha desas valiosas fotos onde aínda están todas as gárgolas, e iso cada vez é máis difícil.
Como esta foto se sacou uns minutos despois da anterior (da casa Botines) aínda seguían producíndose os seísmos no cercano Húmedo. Por iso non se ve unha puntiña da torre.
Probablemente eses que están diante con chapeus vaqueiros, esterillas e tendas de campaña sexan algún dos que estaban participando nas despedidas de solteiro mencionadas (lembrade que agora é habitual asistir así a esos eventos).
Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|