Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Terremoto no Húmedo
Terremoto no Húmedo

Pedimos desculpas polas "faltas" destes días. Quedaramos en colgar unha foto cada día e hai varios que non o fago. O meu horario últimamente non mo permitía. Hoxe redimireime colgando catro dunha vez. Así mantemos a media.

Esta é a Casa Botines en León. A que pasa por diante é a rúa peatonal que leva á Catedral e ó Húmedo, a barrio vello da cidade, do que me fago unha idea por qué se chama así. Xunto co Pazo Episcopal de Astorga e o Capricho de Comillas son as únicas obras de Gaudí fóra de Catalunya. Agora é a sede dun banco e pode entrarse na planta baixa para ver unha exposición sobre a construción e a restauración do edificio.

Non volo ides crer. Xusto no momento no que sacamos a foto houbo un gran terremoto no Húmedo (creo que había varias despedidas de solteiro simultáneas) e iso provocou que non se vexa ben o tellado deste edificio. Se sodes xente pouco crédula, podedes pensar que a cámara que usabamos era unha m... e que apuntaba cara onde lle daba a gana. Pero isto último é demasiado verosímil.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0