Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Granadilla
Granadilla

Como dixemos hai uns días, nos días que estabamos por esta zona do norte da provincia de Cáceres estabamos aloxados nun hostal dunha vila chamada Zarza de Granadilla.

Hai varias vilas da zona que levan ese "apelido" por alí. Todo débese á vila medieval de Granadilla, que podedes ver na foto (unha parte, claro).

É unha vila amurallada que conserva un torreón a carón da porta, e a porta da vila (a única que hai) tén unha reixa. Creo recordar que non vive ninguén alí. Hai campamentos no verán e supoño que algún outro servizo similar. Está aberto a unhas determinadas horas.

O resto está en ruínas, pero está sendo restaurado e está quedando moi ben. É un dos lugares de referencia na península cando se fala de vilas medievais.

E toda esa auga, se non me engana a memoria, pertence ao gran encoro de Gabriel y Galán, que rega a toda esta parte de Extremadura. Que estraño que un importante encoro leve o nome dun escritor!!!!!!

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal