Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Fervenza na Vera |
|

Nótase unha grande diferenza de luminosidade con respecto á nocturnidade da foto anterior. Ten explicación. A noite anterior, a primeira que pasamos en Extremadura, durmimos en Zarza de Granadilla, a uns 20 quilómetros ao norte de Plasencia, que estaba chea polo Festival do Jerte.
Unha vez repostos, voltamos á Vera, que non tivéramos tempo de ver por completo, para seguir o noso percurso polo norte de Cáceres. E isto foi o primeiro salientable que atopamos ao día seguinte.
Se cadra algún día contamos que é complicado entenderse falando con algúns extremeños. E non só falando. Podo asegurarvos que a persoa do grupo a nome de quen puxeron a factura, e que deixou o seu DNI para que tomaran nota dos datos con maior comodidade, ten un nome e un primeiro apelido de sete letras. E saímos de alí cunha factura a nome dun tal José Galván. ¿Alguén o entende?
Saúdos. Roberto Catoira.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|