Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Valverde da Vera |
|

Esta é unha das poboacións máis importantes da comarca da Vera. Tamén é moi típica, cousa que xa se pode albiscar nesta foto case nocturna da súa praza maior.
Se non me engana a memoria, unha celebración típica de aquí é a dos "Empalaos" de Semana Santa.
Consiste nun romeiro que se ofreceu no seu momento e que se lle enrola unha corda polo tórax, pon os brazos en cruz, e coa mesma corda se suxeita un madeiro aos brazos (pola parte de atrás) e dúas espadas en forma de aspa no alto das costas. E fai unha procesión de noite polo pobo mentres un amigo ou familiar lle guía cun facho.
Sen comentarios. Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|