Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Mosteiro de Yuste |
|

Como xa levabamos moito tempo no val do Jerte, decidimos facer outro traslado e ir ao terceiro val que visitamos aquel día.
Pasando por lugares tan interesantes como Garganta La Olla (xa vos dixen que a palabra garganta era de moito uso por alí) saltamos á Vera, que non é exactamente un val pero parécese bastante.
E con todos eses movementos chegamos ao Mosteiro de Yuste, coñecido por pasar alí os seus últimos anos o emperador Carlos I de ¿España? e V de Alemania. Sería unha visita interesante pero non puidemos facela. Xusto o día que nós estabamos alí volvían a abrir ao público despois de varios anos de reformas. E había unha cola considerable.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|