Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Concepto "garganta"
Concepto "garganta"

E chegamos a unha das cousas máis marabillosas do norte de Extremadura: o concepto "garganta".

Por aquela zona hai varias cousas que reciben ese nome, ademais de servir como topónimo de cando en vez. Noutros lugares eu tiña asociada esa verba a un paso estreito entre montañas, ben dun río ou dunha estrada ou camiño.

Pero no norte de Extremadura pareceunos que esa verba designa a ríos que veñen das montañas (xeralmente da Serra de Gredos, bastante cercana). Sobre todo se reunen algo de bosque e tamén se se forman "praias" de terra ou pedras que as xentes do lugar utilizan como zonas de baño.

Asegúrovos que alí vin algunhas das paisaxes máis alucinantes que teño vista nunca. Case todas as fotos destes días tratarán diso.

Esta é a primeira das que vos amosaremos. Estaba no Val do Jerte. Sinto non poder dicirvos agora o nome, porque non había poucas. Nesta creo lembrar que había algunhas interesantes pozas para botar un chapuzón.

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal