Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Val do Jerte
O Val do Jerte

Como dicíamos o outro día, nós somos calquera cousa menos convencionais. En troques de ir de Hervás a Plasencia, subimos o fermoso porto de Honduras cos seus castiñeiros e pasámonos ao moi célebre Val do Jerte. Casualmente, neste vindeiro 2008 espero estar por alí de novo.

Pero creo que esta vez verei o marabilloso espectáculo do val totalmente branco pola floración das cerdeiras. Non como daquela, xa que vedes que aínda non rematara. Non se apreza pero xa estaba comezando a saír a flor. Pero non estaba no seu apoxeo.

Esta foto está tomada (se non me engana a memoria) dende o alto do porto de Tornavacas, ao comezo do val, case na provincia de Ávila. Non se ve, pero ao final do val debe estar Plasencia.

Saúdos.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal