Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O reloxo que xa non funciona en Hervás
O reloxo que xa non funciona en Hervás

Saímos da Galiza a tarde do venres da Semana Santa do ano 2002. Se non me engana a memoria, durmimos en Salamanca. Á mañá seguinte, entramos polo norte extremeño. É o máis lóxico aínda que non a única posibilidade. Despois de cruzar as provincias de Zamora e Salamanca, deixando ésta por Béjar, entramos en Extremadura.

A xente convencional tiraría recto ata Plasencia, a "capital" do norte da comunidade, e vila non moi lonxana. Pero como xa dixemos moitas veces, Viaxes O Lóstregho somos calquera cousa agás convencionais.

Cando levabamos pouco tempo nesa estrada (pode que pasáramos xa Baños de Montemayor) collemos o desvío que levaba a Hervás. Por suposto, daquela non había a Autovía da Prata que pasa agora por aquela zona.

Hervás é un fermoso pobo cun pasado e barrio xudeu importante. Pero unha das cousas que máis lembro dalí foi o comentario que nos fixo un rapaz cando viu que nos parabamos a sacarlle unha foto ó reloxo de sol que había na parede dunha igrexa: "Ese reloxo xa non funciona".

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal