Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Estalactitas en Valporquero
Estalactitas en Valporquero

Esta foto é bastante mala, e nin sequera me explico demasiado ben como saíu. Pero sirva como pequena lembranza das impresionantes covas de Valporquero.

Lembro que chegamos xusto cando comezaba unha das visitas guiadas e baixamos do coche ás carreiras e "a corpo xentil".

Foi gracioso cando o excepcional guía dixo que as covas tiñan a propiedade de ter unha temperatura constante, e que aquelas concretamente estaban a uns 7 grados (ou serían 12). En todo caso, era agosto en León e nós estabamos sempre en pantalón curto. Chamounos "machotes".

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

2 Comentario(s)
1 A temperatura é de 7 graos.
Este verán volvín a estas covas, e volvín a entrar en manga curta. Resulta curioso, 7 graos, un forte contraste coa temperatura exterior, humidade do 90% ou algo así... e nembargantes a sensación térmica é de menos frío que algún día con 10 ou 12 graos no exterior. Quiza sexa por que non hai ningún vento.
Comentario por aoutraparte (19-01-2007 10:47)
2 Señoras e señores, aquí está, primeira aparición estelar no noso novo blog, AOUTRAPARTE. A parte que unida a ESTAPARTE conforma Viaxes O Lóstregho. Como sempre, cos seus comentarios que sentan cátedra. Todos deben saber que "aoutraparte", por xenética, iría en manga curta aínda que foran 7 grados baixo cero. Manías que ten un.
Comentario por Ignatius J. Reilly (19-01-2007 15:52)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0