Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A liña divisoria dos mesóns
A liña divisoria dos mesóns

Cambiamos totalmente de rumbo. Deixamos o Val do Silencio e subimos cara a serra que compartimos con León, os Ancares.

Unha das vilas máis importantes dos Ancares Leoneses é Vega de Espinareda. Aquí vedes a antiga ponte sobre o río Cúa, un dos ríos ancareños que pouco máis abaixo se une ó Sil.

Aquí pasounos unha cousa ben curiosa. Íamos buscando sitio para xantar, e ó final atopámolo, aínda que nos costou un cacho. Incriblemente, descubrimos que os mesóns que estaban a unha beira do río non daban de xantar (a pesar do nome) e os da outra beira si. Sería casualidade ou norma local???

Aquel mesmo día subimos en coche ó porto de Ancares no medio da cada vez máis espesa brétema. Cabañas, consumado ciclista afeccionado, dixo que o porto era ben xeitoso para unha Volta Ciclista.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0