Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Mozárabe xenadiano |
|

Xa vos dixen que na marabillosa aldea de Peñalba de Santiago había unha pequena e sorprendente igrexa mozárabe. Aquí está a proba.
Como poderíades supoñer, a advocación é a de Santiago de Peñalba (de Santiago, así recursivamente...).
Quen pensaría ver esto nuns montes leoneses a poucos quilómetros de Ponferrada!!! O adxectivo "xenadiano" vén por San Xenadio... pero esa é outra historia que contaremos dentro de pouco.
Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|