Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Pizarra, madeira e pedra nos Montes Aquilanos
Pizarra, madeira e pedra nos Montes Aquilanos

Síntoo, xente. Hoxe non teño moito tempo. Sigamos recreándonos con ese paraíso na terra que é Peñalba de Santiago.

A primeira vez que fun a este lugar ía nun safari fotográfico da A. C. Alexandre Bóveda (ver sección "Os Mártires da Caeira"). A finais dos 90. Subimos os últimos 10 quilómetros andando pola estrada, porque facíamos sendeirismo (estradismo neste caso), e porque o autobus non podía pasar do pobo anterior, e aínda que pasara ía flipar.

Cando íamos a medio camiño empezou a chover como só pode chover nas montañas. Chegamos arriba como pitos, uns 18 ou 20. A outra metade da excursión deu volta e foi onde quedara o autobus.

Baixounos un señor do pobo de abaixo nun Land Rover, nun par de viaxes. Era unha estrada estreita e sinousa, e o cabrón pasaba case todo o tempo, baixando a toda ostia, charlando e mirando para atrás e para os lados. Chegabamos pálidos abaixo. E entre viaxe e viaxe, pegábase uns lingotazos no bar de abaixo de moito carallo. Volvimos nacer.

Tremenda a cantina desta aldea. Impresionante. Síntoo, pero estaba prohibido sacar fotos, que se non...

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0