Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Val do Silencio
O Val do Silencio

Chegamos hoxe a un deses Paraísos Cercanos. É o Val do Silencio. Nalgún sitio lin que lle chaman a "Tebaida Berciana".

Situémonos. Está a pouco máis de 20 quilómetros de Ponferrada. Pero percorrer eses quilómetros en coche pode levarvos cerca de 1 hora, pola beleza dos lugares e o sinuoso da estrada. Hai que saír de Ponferrada en dirección sur, a San Esteban de Valdueza. Nesa estrada hai que coller algún desvío, pero xa hai indicadores. Cando ides pola A-6 e pasades á altura de Ponferrada, mirando cara á dereita (sur) vense uns montes moi altos, que superan os 2000 metros. Son os Montes Aquilanos. Pois o Val do Silencio está no medio deles.

A "capital" do Val do Silencio é Peñalba de Santiago. Unha pequena aldea que tivo un poderoso mosteiro, do que só queda a igrexa mozárabe. Unha auténtica xoia. E o nome faille xustiza. Deixámosvos hoxe cun pequeno anticipo do que hai na propia aldea. Pasaremos algúns "días" neste marabilloso lugar. E visitádeo cando poidades, non vos defraudará.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal