Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Toponimia ¿berciana?
Toponimia ¿berciana?

Cando se baixa das Médulas (¿Medulio?) cara a Ponferrada, atópanse perto de alí varios lugares interesantes. Un deles é o Lago de Carucedo e outro é este que vedes hoxe, o Castelo de Cornatel.

As razóns para poñer esta foto son varias:
- Os castelos sempre son un referente estético. Penso que todo o mundo, en maior ou menor medida, sente certa fascinación ante eles. Seguramente son unha das obras arquitectónicas máis atraentes que existen.
- Así tedes unha forma de coñecer un dos nosos bólidos, o LóstreghoMóbil, que está alí, no currunchiño da foto, aparcado.
- Sempre me chamou a atención o topónimo dese lugar: Cornatel. Tan diferente dos circundantes, tanto galegos como casteláns. Cunha estraña eufonía.

Eu teño que recoñecer -será polo noso pasado no KGB-, que sempre me fascinou a toponimia rusa. Que marabilla vivir nunha cidade que se chamase Novosibirsk (está en Siberia, ou sexa que debe ter un clima moi agradable). E sempre pensei que os cohetes que se lanzaban dende o Cosmódromo de Baikonur tiñan que chegar máis lonxe que os outros... pero se cadra non é verdade.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0