Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Espeleoloxía barata
Espeleoloxía barata

Antes que nada, aclarar que xa estamos consultando coa xente da Blogoteca cal pode ser o problema para visualizar as fotos. Non sei se non terá que ver co tema de que as fotos son bastante grandes (pero non superan o límite dos 150 kb que eles teñen, que conste). A ver que nos din.

Resultado da consulta: Como sempre, este tipo de problemas estaba causado polos acentos (tiles) no nome do arquivo. Non aprendemos. Aparentemente, xa está solucionado.

Sigamos entón. A primeira vez que estiven nas Médulas, en excursión de grupo, creo lembrar que se entraba nas galerías sen maior requisito. Buscabas a entrada, introducíaste e a gatear pola túa conta e risco.

Cando chegamos no 2001 a cousa estaba máis organizada. Xa cobraban (é outra forma de progreso) e deixábanche un material para que a cousa fora máis cómoda. Un casco con lanterna, e non sei se algún material máis. Hai un punto da galería pola que entras na que case tes que ir reptando, e non se ve nada, por suposto. Está especialmente recomendado para claustrofóbicos. Ó final chégase á boca que vedes na foto, un dos lugares máis coñecidos da montaña.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0