Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Ruina Montium
Ruina Montium

Como xa comprobaredes hoxe, a verborrea que estou sufrindo estes días da inauguración irá pasándose ós poucos. En todo caso, para probar novas técnicas de marketing, intentaremos poñer títulos aos artigos que sexan atraentes. Como na Blogoteca aparecen os títulos dos últimos artigos publicados, os que sexan "rompedores" terán máis posibilidades de visita, digo eu...

"Ruina montium" era o sistema que seguían os romanos nas minas auríferas das Médulas, e noutras tamén, para obter o ouro que se atopaba naquelas montañas. Abrían galerías, canalizaban auga a certa altura, e enviaban ese auga a alta presión por esas galerías para que saíse todo ó exterior. Ouro e o que non era ouro. Nuns lavadeiros separaban o metal precioso do demais. Deixaban o "montium" feito unha "ruina", non se pode negar.

O que vedes hoxe é a foto típica das Médulas dende o mirador de Orellán.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0