Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Vicios adquiridos da pobreza
Vicios adquiridos da pobreza

O título vén a conto debido ó hábito que observaredes de colgar unha foto cada día. O anterior servidor de blogs no que nos aloxabamos (o brasileiro Fotolog, aínda accesible no panel de enlaces da esquerda) tiña a política de deixarte colgar só un artigo diario se escollías a modalidade pobre: non pagar nada. Se pagabas, podías colgar as que quixeras, e tiñas dereito a máis vantaxes.

En todo caso, a nós cheganos ben e cóllese un costume ben sano. Temos unhas 6.000 fotos en papel (e non as imos colgar todas, obviamente). Por exemplo, desta excursión ó País Leonés temos unhas 350 e imos colgar (xa fixemos a selección) unhas 130. Entre iso, o Entroido e a Santa Semana (que estaremos fóra) estaremos con este tema ata finais de maio, máis ou menos. Esperamos non empacharvos.

Seguiremos contando cousas da Baña (non confundir co concello coruñés do mesmo nome). Estes días sáenme as verbas fluídas, haberá que deixalas fuxir.

Dixeramos onte que chegamos á provincia de León seguindo o curso do río Sil. A estrada que levamos é a N-120 (Vigo-Logroño, que percorrido tan peculiar). Deixas Galiza vendo unhas abraiantes paisaxes no concello de Rubiá, bordeando a Serra da Encina da Lastra (a única serra caliza do país galego), onde se atopan os impresionantes Penedos de Oulego. Ese foi o camiño que seguimos nós, por equivocación.

Pero cando chegamos ó Barco de Valdeorras tiñamos que desviarnos. Se alí cruzaramos o pobo e colleramos a estrada que leva á vila leonesa de Puente de Domingo Flórez, chegaríamos á Baña razonablemente axiña. Como dixen antes, non deixamos a N-120 e aparecimos na A-6, perto de Ponferrada. E tivemos que facer unha rectificación grande na traxectoria, xa que alí non hai forma de cruzar o río Sil.

Fomos testemuñas de como vai cambiando a toponimia. Entras en León e durante uns cantos quilómetros os nomes seguen sendo galegos e de súpeto: TORAL DE LOS VADOS. Xa estamos en Castela. Toponímicamente falando. Tamén é certo que nos botamos unhas boas risas xa que grazas a ese erro pasamos por unha aldea de nome ben xeitoso que non teríamos coñecido: VILLA LIBRE DE LA JURISDICCIÓN. Non é coña. No Bierzo hai un sitio que se chama así.

Pois ben, que a pesar de todo, tivemos que ir por estradas ben sinuosas e pesadas para chegar ó Lago da Baña. Agora xa sabemos que hai unha forma moito máis cómoda de chegar, que é seguir a estrada que leva a Pena Trevinca. Cando chegas ó alto, o que está do outro lado (en León) xa é a Baña. Só tes que baixar o porto. Canto teríamos aforrado daquela. Se non lembro mal, visitamos o lago e xa inmediatamente paramos na aldea da Baña (na foto) para xantar. A mañá non deu para máis. Como vedes, os tellados son da pizarra tan abundante na zona.

Tiñamos previsto ir a ver tamén outro lago glaciar que hai en León, o Lago de Truchillas, que está ó sur do Teleno, pero vendo o que costou chegar ó primeiro deles, decidimos que con un lago glaciar ó ano chegaba.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0