Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Imos ó País Leonés
Imos ó País Leonés

Ben, comezamos o noso traxecto nesta nova plataforma e, como xa anunciaramos, os nosos primeiros pasos encamíñanse cara ó País Leonés, configurado polas que son coñecidas como provincias de León, Zamora e Salamanca. Foron visitadas por Viaxes O Lóstregho no verán de 2001 (máis concretamente en agosto), dividíndose a viaxe en dúas partes:
- A primeira, duns 4 días, a León.
- A segunda, de 7 ou 8 días, a Zamora e Salamanca.

Poderanse notar algunhas diferenzas. No breve intervalo entre elas, o expedicionario Cabañas mercou a primeira das súas super-cámaras fotográficas (analóxicas, xa sabedes que el non se decide a dar o paso, as súas razóns terá). Polo tanto, as fotos de León son perralleiriñas e as da segunda parte son moito mellores (en canto a resolución e calidade, falamos).

Ben, comecemos xa. A xente convencional que fora do norte de Galiza a León probablemente entraría alí pola A-6. Pero xa sabedes que Viaxes O Lóstregho é calquera cousa menos convencional.

Naquela mañá de agosto o expedicionario 1 saíu da Coruña e recolleu ó expedicionario 2 en Sarria, provincia de Lugo (onde daquela residía). Ben, en realidade todo foi un pouco máis complicado que isto pero non val a pena perderse en detalles. Continuamos cara ó sur para entrar na provincia de León seguindo o curso do río Sil (para os que non estiverades nunca no noso blog, recomendable ter mapa de estradas a man). A que non se vos tería ocorrido tamaña desfachatez!!!!!!!

O noso primeiro obxectivo era un lugar moi chulo da provincia de León, pero que é bastante inaccesible: o Lago da Baña. Repetimos, se tedes un plano ou mapa de carreteras medio-bo poderedes velo. Senón está difícil a cousa, ben difícil. No curruncho sudoeste da provincia (abaixo á esquerda), lindando con Zamora e Ourense, hai un pequeno lago de orixe glaciar. E ademais, no verán, está moi perxudicado e ocupa a terceira parte da súa extensión, como podedes ver na foto.

Está case debaixo de Pena Trevinca, de feito se mirades no noso "antigo" blog as fotos daquel lugar o veredes nalgunha delas. Mañá seguiremos contando máis cousas deste lugar e de como chegar a el, que ten a súa "tela".

Xa sabedes, a partir de hoxe, 1 de xaneiro de 2007, TODOS os días, salvo causas de forza maior, iremos poñendo probas da nosa travesía por aqueles santos lugares. Tranquilos, temos para varios meses. Intentaremos que fiquedes pampos cos lugares que visitemos xuntos.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0