Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A casa do Cid |
|

A carón mesmo da marabillosa Catedral románica de Zamora e dou seu pazo episcopal, atópase a casa do Cid. Chamada así porque supostamente alí moraba o señor aquel cando pasaba tempadas en compañía de Dona Urraca, que moito se falaba nos programas do corazón daquela. Por aquela porta que se ve ó fondo pode baixarse ó río.
Esta dona Urraca era irmá de ¿Dulce?, Sancho, Afonso e don García, último rei de Galicia. Aquí en Zamora foi onde aquel tal Bellido Dolfos matou a Sancho facéndolle unha traizón organizada por Alfonso, mentres don García estaba preso nun castelo de León. Nada, que era unha familia moi guasona.
Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|