Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Santa María Magdalena |
|

Bastante me costou dar co nome desta igrexa. Obviamente, podía desprazarme uns metros e consultar onde teño as 6.000 fotos en papel, para ver o título que lle puxen no seu día. Pero estou hoxe demasiado vago e preferín buscalo en Internet, sen erguerme.
E efectivamente, era o que eu pensaba. A igrexa de Santa María Magdalena, en Zamora. Unha máis das moitas xoias románicas da cidade.
Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|