Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A Lagoa dos Peixes
A Lagoa dos Peixes

Alá arriba estamos. Na Lagoa dos Peixes, no punto máis alto do Parque Natural do Lago de Sanabria ó que se pode chegar en coche, a uns 1.700 metros de altura.

Lembrade que na esquina noroeste do Parque está Pena Trevinca, de 2.127 metros.

Un lugar dunha rara e salvaxe beleza.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

2 Comentario(s)
1 Sentido moito quitar poesía á descrición desta foto, esta lagoa non é tan salvaxe, pois está recrecida gracias a unha presa artificial.
Comentario por aoutraparte (12-02-2007 12:15)
2 Arre carallo, xa está o soso este, que se presa, que se non é salvaxe, quese, quese... Lembro perfectamente como tivemos que fuxir á carreira dos dinosaurios a última vez que estivemos. Pero claro, cóntasllo á xente nova e non o cren. E con tanto pseudo-científico solto...
Comentario por Ignatius J. Reilly (12-02-2007 17:19)
Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0