Viaxes O Lóstregho


Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita.

O meu perfil
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 RECOMENDADOS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

O Lago de Sanabria
O Lago de Sanabria

Comezamos hoxe a 2ª fase do periplo por Castela-León. Chegamos á provincia de Zamora, que ten algunhas riquezas insospeitadas.

De novo, saímos da Coruña, paramos en Sarria (Lugo) baixamos á N-120 ata A Rúa, dende alí desviámonos cara a Viana do Bolo e na Gudiña collemos a autovía do Sur de Galiza.

E entramos na provincia de Zamora como se merece: pola comarca de Sanabria, marabillosa. Lembramos que no noso antigo blog (ver panel da esquerda) unha parte das fotos son de cando estivemos facendo sendeirismo no Lago de Sanabria. De feito, no tempo, aquela visita foi tres ou catro meses despois desta, xa que nos deixou abraiados.

Aínda así deixaremos un par de estampas máis deste fascinante lugar, para aqueles que aínda non tiveron a sorte de achegarse. Lembremos que esta foi a primeira das nosas viaxes nas que levabamos cámaras boas, e ademais nosas. Nótase bastante o aumento da calidade.

Ben deixámonos de parrafadas: o que vedes hoxe é o Lago, tede en conta que mide uns 3 ou 4 quilómetros de longo ou sexa que estabamos a unha certa distancia. E a vila é San Martín de Castañeda. Aprézase perfectamente o mosteiro, onde agora está o Centro de Interpretación do Parque Natural.

Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.

Anterior Volver á galeríaSeguinte

Deixa o teu comentario
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0