Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Verde agostado León |
|

Pois si, o que vedes hoxe é na provincia de León no mes de agosto. E non no Bierzo nin nos Ancares, na parte que está pegada a Palencia. Que verde!!! A que non contábades con isto!!!
É a ponte ¿medieval? sobre o río Cea que está ás aforas de Sahagún. Como vedes, un lugar do máis interesante. O Cea é outro dos importantes afluentes do Douro pola dereita, que nace na Cordilleira Cantábrica e baixa cara ó sur a xuntarse co pai Douro.
Saúdos. Cabañas & Catoira Travels.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|