Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
A branca Azuaga |
|

No sur de Badaxoz hai unha fermosa vila chamada Azuaga. Cando nos achegabamos a ela entendimos claramente o que eran os pobos brancos do sur da península. E son moi fermosos.
Nela destaca a igrexa da Nosa Señora da Consolación, da que vedes aquí unha fachada lateral, xa moi ricamente labrada.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|