Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O dystilo de Zalamea de la Serena |
|

Como vedes, a Serena é unha extensa rexión do este da provincia de Badaxoz. Supostamente a capital é Villanueva de la Serena. Aínda que, se non lembro mal, non moi lonxe tamén está Don Benito, pero debe ser capital doutra comarca.
Tamén me atrae moito o feito de que no nordeste da provincia hai unha extensa rexión case despoboada que recibe o nome de "Siberia extremeña".
Pois na Serena tamén está Zalamea, a do famoso alcalde Pedro Crespo, da obra de Calderón. Do seu pasado queda este "dystilo" romano.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|