Furancho Oficial de Cabañas & Catoira Travels |
|
A partir deste santo día de Nadal do ano 2006 este vai ser o Furancho Oficial da xa célebre axencia de viaxes perralleiros Cabañas & Catoira Travels. Este e-zulo está especialmente deseñado para todos aqueles infelices ós que xa non lles carbura ben o 4 Latas, que xa están cansos de viaxar con AirZambia ou que levan toda a vida facendo auto-stop en carromato. Chegamos a un punto onde a xente moderna quere viaxes modernas, opinións modernas e visións modernas. Pois ben, para estes últimos non é esta páxina. Estes deben ir á páxina da COPE. Neste "fotolog" haberá fotos das nosas viaxes, comentando diferentes aspectos e anécdotas vividas. Recomendaremos lugares e esperamos que todo o mundo o pase ben e teña ganas de repetir a visita. |
|

|
O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
O Encoro da Serena |
|

Como xa dixen hai unhas cantas fotos, cando pasamos por Alcántara, a súa marabillosa ponte e o seu impresionante encoro, este último era, xunto con este da Serena que estades vendo, os dous máis grandes de Europa no momento da súa construción. Ou polo menos iso lin nalgún sitio.
Desgrazadamente, non conseguimos ningunha foto deste encoro que transmitira fielmente o que vimos alí. Esta faino pero só un pouquiño.
Pero as colinas e os outeiros que enmarcaban e formaban illas no encoro eran algo máis apuntadas que estas que vedes, e de formas moi suaves en todo caso. Lembraba moito a esas paisaxes das Highlands que aparecen nos anuncios de whisky escocés. Abraiante.
Saúdos.
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|